A catedrática de Matemática Aplicada da USC Peregrina Quintela Estévez foi galardoada en setembro de 2016 co premio María Wonenburger, que rende homenaxe á investigadora galega falecida en 2014. O galardón, convocado pola Xunta de Galicia, destaca traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía.

Peregrina Quintela está especializada en modelado matemático, análise matemática e simulación numérica en modelos de física, enxeñaría e ciencias aplicadas. Durante a súa carreira combinou a dedicación á ensinanza, investigación e a transferencia de coñecementos e a xestión. É presidenta da Rede Española Matemática-Industria (math-in) e directora do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI).