Aínda que non o pareza, ten vostede ante os seus ollos o Nº XXXVI da Revista da RAGC, correspondente ao ano 2017. En efecto, a Revista inicia hoxe unha nova andaina, baixo un aspecto menos austero, co ánimo de converterse nun instrumento máis realista e máis adaptado ás necesidades dos novos tempos. Unha andaina que nace co propósito de mellorar a comunicación da ciencia á sociedade, especialmente da ciencia producida en Galicia. Cunha orientación máis divulgativa e informal convértese nun proxecto experimental, encamiñado a formación dunha sociedade cientificamente culta, obxectivo fundamental da RAGC.
Baixo os formatos de Portal, conectado ás redes sociais, de versión dixital pdf e de edición limitada en papel, ofrécenos información sobre o Científico Galego do ano, un anuario de noticias científicas relativas a Galicia e contribucións sobre temas científicos de actualidade desenvolvidos na nosa terra.
O agradecemento da RAGC a todos os que a fixeron posible.